Bwrdd Yr Iaith Gymraeg - The Welsh Language Board

Benvidos ao sitio web do Consello da Lingua Galesa. Aquí poderá achar información útil e interesante sobre o País de Gales, a lingua galesa e o traballo do Consello en Gales e alén das súas fronteiras.

O Consello é unha organización creada pola Lei da lingua galesa de 1993 (1993 Welsh Language Act) que ten como obxectivo facilitar e promover o uso do galés. Neste sitio móstrase como se realiza este traballo e tamén como vostede, como individuo, empresa ou organización, pode utilizar a lingua galesa para ofrecer un servizo bilingüe.

Falar máis de unha lingua é algo normal e, de feito, máis de 60% da poboación mundial é bilingüe. Se quere aprender galés ou educar os seus fillos en galés, se está a traballar nun proxecto sobre a lingua na escola ou na universidade ou se só quere informarse sobre o País de Gales e o bilingüismo, achará a resposta no noso sitio.

O Consello cre que as comunidades en que se utilizan linguas minorizadas e minoritarias poden aprender unhas das experiencias das outras e manifesta a súa disposición para cooperar con quen traballe na promoción desas linguas. Se quere saber máis sobre o noso traballo, envíe unha mensaxe a  [email protected]  

Continue in English
Parhau yn Gymraeg